Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

5/12/12

Avaliación Individual


En canto a miña autoavaliación vou destacar varios aspectos, como poden ser os seguintes: evaluación do traballo en grupo, o meu traballo individual e falar sobre a materia de Novas tecnoloxías aplicadas a Educación Infantil.

Para comezar dicir que o traballo neste grupo para min foi moi gratificante porque  aprendín moito. Gustoume moito a forma que tivemos de traballar xa que todo o traballo foi elaborado en grupo, todas faciamos todo nesas tardes que pasabamos na facultade. Con isto fago referencia, que nós non repartíamos o traballo e cada unha facía unha parte, senón que a hora de elaborar una actividade, unha opinión, unha presentación… o que intentamos foi propor diversas ideas e logo poñer en consenso as máis adecuadas. Esta forma de traballar na miña opinión, fíxome tirar moito para diante con ganas de traballar e por suposto facer referencia a todo aquilo que aprendemos unhas as outras. 


No meu caso quero agradecer as miñas compañeiras xa que aprendín moitas cousas delas, ben sexa manexar aplicacións que descoñecía como calquer outro apuntamento. Por último neste apartado destacar que o ser un proxecto no que cada actividade ou traballo era feito por todas se facía un  pouco lento. Aínda así superando esas barreiras o proxecto foi terminado de forma satisfactoria e quedei moi contenta co traballo realizado.

En canto o apartado de autoevaluarme a min mesma, destacar que en todos os grupos unhas persoas sempre traballan unhas máis que outras, cousa que pasou no noso grupo. Aquí quero destacar a miña tardía incorporación a clase, xa que cando me incorporei xa me atopei co tema elexido e co proxecto xa iniciado. Para min non foi una barreira xa que penso que me adaptei perfectamente o grupo, sei que o principio puiden ser de pouco eficacia xa que me encontraba un pouco perdida. Unha vez collido o fío á materia e ó proxecto intentei participar máis activamente.  Para min foi unha experiencia moi positiva xa que a parte traballar en grupo se creou un ambiente de compañerismo.

E por último destacar que a materia de novas tecnoloxías e moi interesante, aínda que penso que os alumnos tivemos que investigar sobre o funcionamento das diferentes aplicación, polo que isto o cambiaría por que nas clases prácticas de dea o máis manexo de aplicacións que van a ser útiles na nosa formación e no futuro traballo.

Con todo isto despídome decíndome que quedei moi agradecida, un gran saúdo.
Alba Mosteiro Falcón

No hay comentarios:

Publicar un comentario