Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

5/12/12

Avaliación individual


Boas a todas e todos!

Tras varios meses de traballo toca despedirse desde gran proxecto e desta materia, Novas Tecnoloxías. En conxunto a materia dada gustoume e pareceume útil para a docencia, aínda que penso que se podería explotar un pouco máis xa que conta con gran cantidade de contidos que se poden traballar.

Na parte práctica levamos a cabo a creación da Revista Dixital Sesenta Gotas, a que supuxo moitas horas de estar sentadas diante da pantalla, de quedar fora das horas lectivas, de quebradizos de cabeza.... dándose ocasións nas que parecía que non avanzábamos, pero xa hai una semana que por fin logramos pechala.

O comezo do proxecto, aínda que eliximos moi rápido o tema, foi todo moi a modiño xa que estábamos pendentes de formalizar os papeis ca Escola Infantil do Campus de Pontevedra, pero unha vez que nos deron permiso todo comezou a encamiñarse e comezamos a traballar de verdade e con moitas ganas.


No comezo eramos catro persoas as que formábamos o grupo, pero semanas despois uniuse Alba. Deume un pouco de medo o principio porque se tiña que acomodar ó que xa estaba establecido polo grupo, pero en pouco tempo colleu o ritmo e traballou tanto como as demais.

Foi moi gratificante traballar con este grupo xa que sempre nos axudamos as unhas as outras e buscamos solucións conxuntas, facendo todo o traballo nas horas nas que nos reuníamos. Isto permitiu que aprenderamos dos acertos e erros que cometiamos en grupo ou de maneira individual. Cabe dicir que é certo que non todas as integrantes deron o mesmo de si, destacando o único caso dunha integrante que pouco aportou o proxecto, o meu parecer.

Salvo con esa persoa, levaría a cabo máis traballos de grupo coas miñas compañeiras porque durante estes meses demostraron que todas xuntas, con traballo, dedicación e esforzo, podemos acadar grandes resultados, como neste caso.

Rematar falando un pouco da presentación, da cal non saín moi satisfeita debido a que non nos ía a conexión a Internet. Enfadoume un pouco porque probaramos con anterioridade, diversas veces, que todo funcionara ben e así era, pero saímos adiante e continuar coa exposición tardando o menor tempo posible debido o retraso que xa se levaba nas exposicións. Quedoume pena non expor en ningunha das partes da presentación, pero estou contenta coa labor que realizaron as miñas compañeiras.

Botarei de menos traballar na Revista Dixital, xa que podo dicir que o final lle collín cariño. Espero que a todas e todos os serva como recurso e que a Escola Infantil do Campus de Pontevedra queira empregala e continuar con ela.

Ata sempre.



Yoli.

No hay comentarios:

Publicar un comentario