Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

5/12/12

Avaliación individual



Despois destes meses de traballo podo dicir que o resultado do proxecto foi satisfactorio, grato e útil para unha futura práctica na docencia.

Traballar co meu grupo foi unha experiencia que repetiría xa que dende un primeiro momento tiñamos claro o que queríamos e o que ibamos acadar. Podo afirmar que foi custoso e adicamos moitas horas de traballo fóra da clase, pero fomos capaces de compenetranos tanto nos bós coma nos malos momentos.

Agradezo a incorporación de Alba, aínda que foi un chisco máis tardía, xa que complementou o equipo, traballou e aceptou o tema que xa tiñamos previsto.


Ademáis é preciso comentar que unha persoa do grupo non aportou o que pensamos que podería aportar, deste xeito a chegada de Alba fixo que o equipo puidera estar ó 100% en canto a nivel de traballo.

En canto á materia cabe dicir que é esencial para o/a docente xa que permite acadar unhas competencias adecuadas en relación coas TIC e os máis pequenos e pequenas.

Un saúdo.

Ángela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario