Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

5/12/12

Avaliación individual


Boas!
Hoxe estamos aquí para comentar individualmente como nos sentimos traballando en grupo para esta materia.
Pola miña parte direi que me resultou moi agradable traballar en grupo xa que me atopei con xente da que aprendín moito e coa que en conxunto elaboramos un traballo que considero foi moi produtivo.
O grupo comezou con catro integrantes que xa nos coñecíamos pero que non todas habiamos traballado en grupo, polo que eu non coñecía as súas formas de traballar en conxunto, o cal foi tamén un reto. Por outra parte, dicir que unha vez formado xa o equipo e comezado o traballo se incorporou unha nova persoa pero que rapidamente se adaptou e integrou sen ningún problema.
Como parte negativa do traballo en grupo, destacaría os distintos niveis de aportación de traballo das integrantes ó mesmo, habendo diferenzas no esforzo por levalo adiante de unhas e outras.


Ó principio o traballo plantexábasenos moi difícil porque nos xurdiu a idea de traballar coa Galiña Azul do Campus de Pontevedra pero tardamos moito en obter o permiso para facelo. Unha vez obtido, o traballo foi sobre rodas porque tiñamos moitas ganas de levar adiante este proxecto e ver os resultados.
Por último, direi que hoxe, día da exposición do proxecto, os nervios estaban a flor de pel, e que unha vez comezamos a presentalo e comezamos a ter problemas coa conexión a internet, os nosos ánimos viñéronse abaixo xa que estabamos convencidas de que o noso traballo era bo e de que a presentación estaba moi preparada e non estaba sendo realizada como se merecía. Esperamos que isto non afectara á valoración do noso traballo xa que nos levou moito tempo e sempre tivemos ilusión por ver o resultado final.
Isto é todo pola miña parte e despídome deste proxecto que tan bos momentos me fixo pasar e que tanto me deu que aprender.
Foi un pracer!

Cristina Amoedo Fragueiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario