Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

16/10/12

Reflexión sobre o traballo en equipo


Este equipo formouse fai preto dun mes. Nun primeiro momento o grupo estaba formado por catro integrantes (Yoli, Cris, Sofía e Ángela) que xa nos coñeciamos e, en certa medida, xa estabamos o tanto de como traballaba cada unha de nós en equipo. Unha vez elixido o tema e comezado o traballo uniuse unha nova integrante o grupo (Alba), tendo que adaptarse ás decisións que xa estaban tomadas.

Xa con cinco integrantes o equipo consolidouse e comezamos a traballar duramente para levar a diante este proxecto, Sesenta Gotas, e así poder acadar os obxectivos propostos.

A nosa filosofía de traballo fundaméntase en levar a cabo sempre un consenso de todas aquelas ideas que vaian xurdindo en relación ao tema de traballo. Como equipo, sempre tentamos aproveitar o tempo libre que temos e traballar sempre nun mesmo espazo.

Unha vez encamiñada a idea do traballo fixemos unha visita á Escola Infantil do Campus de Pontevedra para pedir a súa colaboración facilitándonos información daquilo que precisemos para a creación da nosa revista dixital.

Esta colaboración animounos a avanzar no proxecto xa que dende un primeiro intre as educadoras da escola estiveron moi receptivas e interesadas no noso traballo.

Con todo isto, esperamos que o noso traballo continúe por este bo camiño e que finalice nunha boa experiencia que poida ser continuada a mans da escola.

No hay comentarios:

Publicar un comentario