Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

18/10/12

"Mi collar de macarrones"


A continuación queremos ensinarvos unha revista dixital, que atopamos pola rede, editada en Valencia e destinada principalmente ás familias. Ademais de ser dixital, tamén é unha revista impresa de tirada bimensual que se reparte gratuitamente pola cidade e os pobos dos arredores.
Esta ofrece recursos e contidos moi interesantes para traballar as familias xunto cos seus cativos/as, como poden ser manualidades, receitas de cociña, consellos educativos, axenda cultural, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario