Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

5/12/12

Avaliación de Sesenta Gotas


Tras estes meses de traballo, podemos chegar á conclusión de que o traballo en grupo nos resultou efectivo en canto á cantidade de ideas que xorden, o apoio para o traballo, a resolución de dúbidas, etc. Pero tamén debemos dicir que o traballo en grupo fai que este se realice máis lento debido a que quixemos realizar o proxecto en conxunto, tentando estar todas presentes.

Este proxecto serviunos a todas as integrantes do grupo para coñecer novos programas e aplicacións, aprendendo a funcionar con eles a vez que nos apoiabamos unhas as outras. Cremos que o resultado do traballo foi positivo xa que foi moito o tempo que adicamos a el e quedamos satisfeitas co resultado do noso proxecto.

En canto ó clima de traballo dicir que nos sentimos cómodas aínda que en algúns momentos houbera discrepancias, facéndose notar en algunhas ocasións que había persoas que aportaron máis que outras.

Con todo isto, dicimos adeus a estes longos meses de duro traballo. Esperamos que o noso proxecto fora do voso agrado e que os serva para futuras experiencias.


Deixámosvos, para rematar, o Power Point e o Póster que realizamos para a presentación do proxecto.


Un saúdo moi forte do equipo de Sesenta Gotas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario