Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

16/11/12

Recollida de cogumelos


Boas a todos e todas! Como xa sabedes estamos en outono, unha estación que nos pode proporcionar moitas experiencias e moitas aventuras.
Saír ao campo a recoller cogumelos cos nenos e nenas é unha boa ocasión para gozar desta estación, e realizar esta experiencia acompañados/as dun experto é a mellor maneira de saber cales son os que se poden recoller e cales non. Ademais, con esta actividade poderán disfrutar do entorno, coñecer un pouco máis sobre os animais e as plantas que o habitan e gozar en familia dunha xornada ao aire libre.
Ó seguir, deixámosvos varios enlaces onde poderedes atopar información sobre esta actividade.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario