Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

27/11/12

Informe Sesenta Gotas

A continuación deixámosvos o enlace do informe do traballo realizado por Sesenta Gotas no cal se recolle unha xustificación, unha descrición do contexto para o que está pensado, os obxectivos, os contidos e as actividades propostas para que as familias realicen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario