Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

20/11/12

Facemos marmelada


O outono foi sempre a época de encher a despensa para o inverno. Aínda que actualmente é sinxelo conseguir productos frescos durante todo o ano, a verdade, é que a época e o tempo un pouco máis frío, anima a pasar un rato na cociña e preparar as nosas propias marmeladas ou confituras.
E é que, durante centos de anos, a única forma posible de sobrevivir do ser humano era conservar dunha ou outra maneira os alimentos para poder ter acceso a eles durante todo o ano, e os froitos do outono son moi adecuados para elo. Marmelada de moras ou figos, marmelada de tomate, doce de marmelo…, son algúns dos productos que podemos preparar para encher a nosa despensa e estar preparados/as para recibir ao inverno.
A continuación deixámosvos uns enlaces para que nas vosas casas preparedes unhas ricas receitas de marmelada.











No hay comentarios:

Publicar un comentario