Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

20/11/12

Día Internacional Dos Dereitos do Neno

Hoxe é día 20 de novembro día que quedou institucionalizado como Día Internacional dos Dereitos do Neno, o Día Universal da Infancia. É unha data que nos fai recordar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita protección, senón tamén unha persoa que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido onde queira que nacera.
Un neno é unha persoa que ten o dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Todos teñen o dereito de ir á escola, de recibir coidados médicos, e de alimentarse para garantir o seu desenrolo en todos os aspectos.

O día Universal da Infancia, que conmemora a firma da Declaración dos Dereitos do neno e da Convención dos Dereitos do Nenos o 20 de novembro de 1959 e 1989 respectivamente, pretende fomentar a fraternidade e a comprensión entre todos os nenos do mundo. Por iso, en multitude de países se aproveita o Día Universal do Neno para realizar todo tipo de actividades que promoven o benestar e os dereitos de todos os nenos do mundo.

Para tervos máis informados deixámosvos o seguinte enlace que informa das actividades levadas a cabo polo Concello de Pontevedra, con motivo do Día internacional da Infancia.

Deixámosvos un vídeo con motivo desta celebración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario