Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

9/10/12

Power Point


A primeira exposición que tivemos que realizar como grupo foi un tutorial explicativo sobre o uso do Power Point.
Para ser a primeira exposición dámoslle unha valoración positiva xa que comezamos un pouco nerviosas pero a medida que foi pasando o tempo fomos sentíndonos máis cómodas xa que fomos observando que o noso traballo ía ben encamiñado.

A presentación deste tutorial fixémola mediante un programa chamado Prezi; para vela pincha aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario