Sesenta Gotas é un proxecto creado para facer chegar a información ás familias dos nenos e nenas de 2 a 3 anos da Escola Infantil do campus de Pontevedra.

O traballo principal consistirá na edición dunha revista dixital na que se incluirá diversa información tal como os menús do comedor escolar, fotos de saídas, actividades propostas para a familia, etc. Irase incrementando o contido da revista dixital a medida que avance a actividade na escola.

31/10/12

Como avanza o noso traballo


Bos días a todas e todos!

Unha vez máis estamos aquí para informarvos de como avanza o noso traballo. Ata o de agora, a escola infantil do Campus de Pontevedra non nos podía dar información nin imaxes do día a día na mesma; agora que xa están todos os papeis formalizados comezaremos coa montaxe e edición da nosa revista dixital.

Estade atent@s!! Nos próximos días publicaremos no noso blogue o enlace para comezar a ver o que as pequenas e pequenos desta escola están a realizar.

Unha aperta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario